Vacaloura : Aprende lingua galega xogando / OZOCOgz Deseño Galego
por OZOCOgz Deseño galego [autor/a]
.
Tipo: 


Xogo de lingua
Vacaloura consta de 500 tarxetas-pregunta cun total de 2000 preguntas diferentes e miles de palabras dos máis variados significados, o que o converte nun xogo de mesa apto para todas as idades e niveis de coñecemento do idioma. Escollendo as preguntas poderemos adaptar este enredo ás crianzas converténdoo nunha ferramenta dinámica coa que aumentar o seu vocabulario.
Vacaloura é un xogo de mesa no que, ademais do obxectivo básico de entreter e divertir, común a toda actividade recreativa, se busca dun xeito ameno e, ás veces desafiante, aprender, practicar e mellorar coñecementos sobre lingua galega.
O xogo é unha das formas máis divertidas de aprender un idioma. Asimilar conceptos e termos dunha lingua, sobre todo se esta non é a nosa, require de grandes doses de esforzo e constancia.
1º-2º ESO
3º-4º ESO