Chivite Ezkieta, Beatriz. 1991-)

En las ciudades = Nas cidades = Hirietan / Beatriz Chivite ; prólogo: Jon Kortazar, Airoa Sampedro ; traducción: Beatriz Chivite, Isaac Xubin. - 1® ed. - Santiago de Compostela : Madrid : Chan Da Pólvora ; Papeles Mínimos, 2020. - 176 p. ; 21 cm. - Chan da Pólvora & papelesmínimos. Poesía .

Texto en castellano, galego y euskara. Información provisional

‘Nas cidades’, a soidade nómada de Beatriz Chivite.
O volume recolle a escolma dunha das autoras con máis proxección da literatura en éuscaro, traducida por Isaac Xubín.
Jon Kortázar, na súa introdución ao volume, salienta que desde o libro Metro de Chivite, chámalle a atención que a escrita da autora sitúa a con-urbanidade contemporánea, a “condición cosmopolita” do texto nunha cidade que non estaba no País Vasco, que non se situaba en España. Había, engade, “unha gran comunidade de persoas pululando no libro, e ao mesmo tempo expresábase unha gran soidade, que ía máis alá das marxes do poema. Entre a sinxeleza da proposta e a comunicación dun mundo plural, a palabra e o silencio acadaban a marcar o territorio da complexidade emotiva, dos miedos, das ausencias, de situacións que non se comprendían de todo, dun ambiente de intranquilidade, de certa néboa entre o motivo poético escollido, ese mundo de xente que se move, que vai e ven e a expresión elexida para captalo, nesa brevidade que instala a precariedade na relación persoal”.
Beatriz Chivite é unha das poetas de maior proxección na poesía de lingua vasca, con libros nos que retrata, a través de poemas tan breves como intensos no alustro das imaxes, as súas experiencias de nómade, tanto as íntimas como as recollidas na observación comunal. A súa xa extensa obra, recoñecida con varios galardóns, aparece agora verquida ao galego no segundo volume de colaboración entre a editorial madrileña Papeles Mínimos e Chan da Pólvora Editora co título “En las ciudades / Nas cidades / Herietan“, un volume trilingüe que responde a unha
experiencia única en España de apostar polo plurilingüismo e o intercambio de culturas. Desde esta mesma semana, Nas cidades – que foi traducida ao galego por Isaac Xubín– estará dispoñible tanto na web da editora, https://chandapolvora.gal, como nas vosas librarías de referencia.

Formación Profesional

9788412112054

821.361-14"20"=134.2=134.4

Coa tecnoloxía Koha