Alonso, Álex (1968-)

O estranxeiro / Álex Alonso - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , setembro 2023 - 145 p. ; 23 cm. - Narrativa (Xerais) ; 515 .

Unha obra no gume do surrealismo, cun humor negro que agocha unha mordaz crítica aos principios e valores da sociedade actual, á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.
XXIX Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción. Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non. A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.



9788411103862


Literatura galega contemporánea--Novela negra
Humor negro--Surrealismo
Delincuencia

821.134.4-31"20" 82-N

Coa tecnoloxía Koha