Fariña, Anxo

Os Megatoxos : e o aprendiz de druída / Anxo Fariña - 9ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2021 - 144 p. : il. cor ; 22 cm - Os Megatoxos ; 1 .

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.
O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre.Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...

5º-6º Primaria 1º-2º ESO Formación Profesional

9788499143576


Aventuras
Ciencia ficción
Futuro
Viaxes no tempo
Pandillas

087.5:82 82-N